martes, 2 de abril de 2024

En marzo baixa o paro rexistrado en Galicia en 1.572 persoas, un -1,20 %.

 

Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de marzo de 2024.

Galicia:

Baixa o paro rexistrado en Galicia no mes de marzo en relación co mes anterior en 1.572 persoas, un -1,20 %. 

Queda situada a cifra de desemprego en 129.011 persoas. 

Por sectores, 4.184 son da agricultura, 12.729 da industria, 8.725 da construción, 91.790 dos servizos e 11.583 do colectivo sen emprego anterior. 

A nivel interanual, isto é, con respecto ao mes de marzo do ano pasado, 12.836 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 9,05 %. 

 Ourense

Medra o paro rexistrado en marzo na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 24  persoas, un 0,16% %.

O número de parados queda en 15.386 deles 6.703 son homes e 8.683 mulleres, 14.695 son maiores de 25 anos e 691 menores.

Por sectores, 768 son da agricultura, 1.547 da industria, 1.030 da construción, 10.502 dos servizos e 1.539 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a marzo do ano pasado, 1.167persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 7,05 %.