Alí estiven coas miñas compañeiras do distrito centro repartindo papeletas aos viandantes e explicando os obxectivos do noso Partido ante as inminentes eleccións ao Parlamento Europeo do 9 de xuño.
Un partido moderado, centrado, e que é a primeira forza do continente. O único que pode e quere defender as iniciativas galegas e dos galegos. Aquel que é capaz de facer máis Galicia en Europa.