Hoxe coñecemos o falecemento da prestixiosa xornalista
Victoria Prego, nacida o 11 de novembro de 1948 en Madrid en 1948, pero de
raíces ourensás.
Compre lembrar que o xurado do premio “Ourensanía
2014”, presidido por José Manuel Baltar Blanco, logo de teren deliberado sobre
as diversas propostas internas presentadas e valoradas as súas traxectorias
biográficas, así como os máis que sobrados valores e recoñecementos que todas
elas ostentan no ámbito do que representa o concepto da Ourensanía, acordou o
29 de outubro de 2024 concederlle o Premio “Ourensanía 2014” á xornalista
Victoria Prego.
O acordó foi fundamentado nestas argumemtacións: “as imprescindibles achegas que ó longo da
súa traxectoria profesional leva feito no ámbito da comunicación para axudarnos
a entender a historia de España dende a Transición ata os nosos días. Alén
disto, Victoria Prego constitúe unha voz indiscutible no panorama informativo
español como creadora dunha escola xornalística asentada na opinión reflexiva,
no compromiso social e no rigor comunicativo, sabendo conxugar ó mesmo tempo
cercanía, criterio e prestixio a través dun traballo que vai máis alá da mera
cobertura informativa dunha noticia, para transcender ó ámbito da conciencia
crítica, algo que lle permitiu á nosa sociedade contar con elementos obxectivos
e subxectivos suficientes para analizar con clarividencia os momentos
históricos que se teñen sucedido ó longo das últimas tres décadas e que teñen
suposto o período máis próspero e democrático da nosa longa historia como pobo.
Aínda que o seu lugar de nacemento non foi Ourense, senón Madrid, como filla do xornalista e dramaturgo ourensán Adolfo Prego e sobriña do pintor Manuel Prego de Oliver mantén moi vivas vellas raíces afectivas coa nosa cidade.
Con este recoñecemento o xurado desexa personificar en Victoria Prego unha homenaxe reivindicativa respecto dun momento tan significado na historia de España como foi a Transición, precisamente no ano 2014 no que aquel espírito colectivo baseado no consenso e na concordia volveu á actualidade por mor do falecemento de Adolfo Suárez e da sucesión da Coroa de España.”
A entrega do galardón tivo lugar no Teatro
Principal de Ourense o día 11 de novembro, o día de San Martiño e coa presencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
A súa traxectoria e biografía é glosada pola Asociación da Prensa de Madrid (APM) que ela mesma presidiu desde
o 20 de novembro de 2015 ata o 19 de novembro de 2019.
Todo o meu recoñecemento a esta extraordinaria xornalista, que foi a mellor cronista da Transición, unha das etapas da que mais orgullosos debemos estar todos os españois.
Descanse en Paz.