Leo
na web do BNG a nova do 19 de maio que da conta de que “a portavoz nacional, Ana Pontón, remitiu sendas
cartas ao xefe do Executivo e presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, e ao
secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, en relación á
situación da AP-9, propoñendo un encontro entre os máximos responsables das
tres forzas políticas para abordar a situación na que se atopa a transferencia
da autopista, despois de que a Comisión Europea abrise un expediente de
infracción ao Estado español pola ampliación da concesión ata 2048 aprobada
polo Goberno do PP encabezado por José María Aznar”.
Engade logo “que este é un momento “crucial” para lograr “unha AP-9 galega e libre de peaxes”, polo que considera importante de cara á consecución dese obxectivo que os responsables políticos das principais formacións de Galiza manteñan unha reunión ao máximo nivel para “poder tecer unha estratexia de País” co fin de acadar “unha demanda longamente reclamada pola sociedade galega”.
O máis soprendente e que a líder nacionalista afirma que “no último intento, e tras a toma en consideración da lei galega por parte da Cámara baixa, o Bloque solicitara a súa tramitación urxente, dados os retrasos acumulados de anos, petición que foi desoída porque tanto PP como PSOE presentaron emendas e solicitaron até dezasete prórrogas, “o que provocou que finalizase a lexislatura sen ter aprobada a lei galega, obrigando a volver ao punto de partida”. “De feito -subliña-, o Parlamento de Galiza veuse obrigado por cuarta vez a aprobar unha nova lei solicitando a transferencia”, un cuarto texto lexislativo que “aínda non foi tomado en consideración”.
Falta radicalmente a verdade a señora Pontón en relación co comportamento e actuación do PP na pasada XIV Lexislatura, xa que o obstruccionismo á tramitación da Proposición de Lei Orgánica de transferencia da titularidade e competencias da autopista AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia foi practicada de xeito exclusivo polo PSOE e Podemos-Galicia en Común. Formacións con maioría na Mesa do Congreso.
E compr lembrar que a investidura do Goberno de Pedro Sánchez e Yolanda Díaz foi votada polo deputado do BNG, Néstor Rego.
O inicio da tramitación
desta proposición na Cámara Baixa data de decembro de 2019, aínda que non foi
ata febreiro de 2021 cando se aprobou –cunha ampla maioría de 287 deputados– a
súa toma en consideración e se encomendou o Ditame sobre a mesma á Comisión de
Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.
Un debate no que intervíron polos populares Celso Delgado en nome do GPP. xunto ao deputado autonómico Diego Calvo, en representacón do Parlamento de Galicia.
A partir
deste momento, tal e como temos denunciado os populares, a iniciativa
lexislativa chegou a acumular ata 15 prórrogas “acordadas sistemáticamente
polos representantes de PSOE e Podemos-Galicia en Común”.
Finalmente, o
21 de setembro de 2021 constituíuse a Ponencia, pero non volveu a convocarse
unha reunión da mesma ata o 15 de marzo de 2023, ante a posición contraria da
maioría gubernamental; nesa reunión da Ponencia acordaron volver reunirse unha vez pasada a Semana Santa
Os deputados
galegos Jaime de Olano e Celso Delgado no mes
de abril de 2023 solicitaron a Mesa da Comisión de Transportes, Mobilidade e
Axenda Urbana que convocara unha nova reunión da Ponencia no mes de
maio para que leve a cabo os traballos correspondentes para a
elaboración do informe e o seu posterior envío á Comisión.
O 10 de maio de 2023 reuniuse no
Congreso dos Deputados a ponencia encargada de debater a Proposición de
Lei Orgánica na Cámara Baixa.
Nesa reunión o PSOE bloqueou que se
aprobase o informe da ponencia encargada de debater
a Proposición de Lei Orgánica (PLO) de transferencia da titularidade
e competencias da autopista AP-9 a Galicia. O texto poposto polos
ponentes populares, era “literalmente idéntico” ao que se aprobou por
unanimidade no Parlamento de Galicia, onde si contou co voto dos socialistas.
Sorprendeunos
que o PSOE boicotease en Madrid o que en Galicia afirmaba que apoiará”,
e eu mesmo como membro desta ponencia dixen: “no PP seguiremos
traballando para que as competencias sobre a Autoestrada do Atlántico sexan
transferidas á nosa Comunidade, xunto aos medios necesarios para a súa
xestión”, remachou.
De feito,
mesa reunión, os ponentes populares avogamos por retirar as emendas presentadas
e cinguirnos ao texto do Parlamento para chegar a un acordo, pero o PSOE se
negou a retirar as súas, o que evitou que se lle dera luz verde ao informe.
Os socialistas mantiveron a súa postura
de desactivar a transferencia da titularidade e das competencias e
limitala a unha “transferencia de competencias sobre a administración e a
explotación”. É dicir, que a titularidade da AP-9 quede en mans da
Administración Xeral do Estado, como ata agora.
O compromiso
de respectar a literalidade da PLO do Parlamento de Galicia —e de abordar en
fases posteriores da tramitación os imprescindibles aspectos materiais e
orzamentarios— tiña como obxectivo axilizar a aprobación da
transferencia. Susténtabase nunha proposición non de lei aprobada o pasado
11 de abril de 2023 polas tres forzas políticas con representación na Cámara Autonómica.
Polo tanto a posición boicoteadora dos socialistas desde 2021 ata hoxe e a disolución decretada por Sánchez, impediron que na pasada lexislatura as Cortes aprobasen a Proposición de Lei Orgánica (PLO) de transferencia da titularidade e competencias da autopista AP-9 a Galicia.
http://www.celsodelgado.gal/2023/06/el-boletin-oficial-del-congreso-de-los.html
CONCLUSIÓNS
Pedro
Sánchez e Yolanda Díaz cos seus Grupos Parlamentarios boicotearon na pasada lexislatura a tramitación da Proposición de Lei
Orgánica de transferencia da titularidade e competencias da autopista AP-9 a
Galicia”.
Os
deputados do PP de G no Congreso foron, os máis activos no obxectivo de que a
citada PLO fora aprobada. O deputado do BNG sempre estivo ao noso rebufo.
A líder
do BNG, Ana Pontón deu en 2020 o seu
único voto no Congreso a Sánchez a cambio de varios compromisos, no que o
primeiro era a transferencia da AP-9 e non o logrou. E a pesar diso en 2023, volveu
a dar o apoio a investidura de Sánchez. UN BNG moi bravo en Galicia pero
muy manso en Madrid.
Sería máis
útil para todos que o nacionalismo se preocupase menos de buscar
protagonismo e máis de arrimar o ombro para que Galicia avance. E se se
quere consensuar posicións co PP de G, faltar a verdade na carta non é nada
intelixente.
Antes das eleccións autonómicas, o BNG
anunciaba descontos na AP-9 grazas ao seu apoio á investidura de Pedro Sánchez. Despois das eleccións autonómicas e da segunda maior subida
nas peaxes do século, pide unha estratexia de país para a transferencia da
autoestrada porque toda Galicia sabe que a entrega do
nacionalismo ao Goberno de España non valeu para nada.
Na súa investidura, o presidente Alfonso Rueda tendeu a man aos grupos
da oposición para ir xuntos a Madrid a defender o traspaso da AP-9 e xamais
recibiu resposta. Esa proposta segue en pé e, desde logo, a
necesidade dunha AP-9 galega e máis económica será un dos asuntos que tratará
Rueda co Presidente do Goberno cando sexa recibido.
A nova proposición
de lei para o traspaso da AP-9 aprobada
en septembro de 2023 polo Parlamento de Galicia está no Congreso dos Deputados
pendente de tramitación e por suposto que dialogaremos cos demais partidos para superar
o bloqueo do PSOE e que, esta vez si, saia adiante.