Luis Menor lembrou que esta zona transfronteiriza de 700
quilómetros cadrados foi no 2013 a primeira en poñer en marcha unha iniciativa
pioneira na península Ibérica, “coa que, en esencia, perseguíase sumar esforzos
e ofrecer máis e mellores servizos de calidade e proxectos conxuntos a
ourensáns e portugueses”.
Impulsada polo Partido Popular, apuntou Menor, a
Eurocidade Chaves-Verín foi durante anos un exemplo para as políticas europeas
de cooperación impulsadas a través dos fondos de cohesión, “ata o punto de que
no ano 2015 recibiu o Premio RegioStars, que distinguen os proxectos regionais
máis innovadores de Europa”.
Non obstante, lamentou o presidente do PP, este
territorio común “está hoxe baixo mínimos porque os actuais gobernantes de
Verín, a coalición PSOE e BNG, non cren na colaboración institucional e na
cooperación económica, social, de servizos, deportiva e cultural cunha cidade
portuguesa, separadas apenas por 20 quilómetros”.
Luis Menor mesmo destacou que un dos importantes recursos
que posúe a Eurocidade está nas augas mineromedicinais, o que podería converter
a este territorio nunha potencia termal, “unha das nosas grandes apostas desde
as institucións nas que gobernamos”.