lunes, 10 de junio de 2024

Eleccións 9X: Ourense foi a primeira provincia de España en apoio ao Partido Popular, ao obter o 51,11 % dos votos


Os resultados das eleccións de onte foron extraordinarios para o PP de Ourense ao acadar o 51,11 % dos votos emitidos, o que representa un crecemennto  de 15,34 puntos sobre as europeas  de 2019. O presidente do provincial Luis Menor, deu estos titulares:

• "Os resultados conseguidos nestas eleccións son altamente satisfactorios, e convértenos na primeira provincia de España en apoio ao Partido Popular".

 

 

 

 

• “Non é un feito illado, senón que se traduce en datos concretos como é ter ese podio a nivel nacional".

• Isto non é casualidade; este resultado acredita unha tendencia que se mantén desde as eleccións xerais de xullo do 2023".

• "Agradezo especialmente a toda a militancia, a todos os cadros do partido que traballaron nun contexto complexo, con catro eleccións en menos dun ano, e aínda así fomos quen de mobilizar o noso partido e obter un resultado a todas luces moi positivo".

• "Ao mesmo tempo, contribuímos a unha nova vitoria do PP en España, cun líder como Alberto Núñez Feijóo, que desde a súa chegada á presidencia dos populares españois gañou todas as eleccións".

• "Catro puntos de vantaxe son moitos puntos, e nove escanos máis que nos anteriores comicios europeos acreditan que se trata dun gran trunfo".