Dun total de 2.318 votos válidos, os populares ourensáns conseguen 1.117, o que supón un 48,19%. Estes datos significan que o PP de Ourense sitúase de novo como a primeira formación popular de Galicia en apoio electoral, tamén no voto CERA, e seis puntos por encima da media galega (41,52%).
Logo de Ourense, a seguinte provincia en apoio é Lugo (42,12%), seguido da Coruña (40,19%) e Pontevedra (38,39%).
Na provincia ourensá, o Partido Popular supera en 30 puntos ao PSOE (404 votos, cun 17,43%) e obtén unha diferenza superior ao 44 puntos fronte ao BNG (94 votos e un 4,06%).
O líder provincial dos populares, Luis Menor, expresou a súa satisfacción por este “novo e inapelable” resultado, que vén de “apuntalar a liña ascendente de apoio electoral” que está a colleitar o partido, enviando o seu agradecemento aos máis de mil votantes que escolleron a papeleta do PP “lonxe da súa terra”.
Os resultados do domingo máis o voto CERA reflicten un dato final de apoio ao PP de Ourense nas Europeas do 51,04 %, case o dobre que o PSOE (25,84 %) e preto de 40 puntos máis que o BNG.