O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de
paro rexistrado correspondentes ao mes de maio de 2024.
Galicia:
Baixa
o paro rexistrado en Galicia no mes de msio en relación co mes anterior en
4.238 persoas, un -3,40 %.
Queda situada a cifra de desemprego en 122.036 persoas. É a cifra máis baixa de paro de toda a serie histórica desde hai que rexistros (1996), é dicir, é a primeira vez en 28 anos que o paro cae por debaixo das 123.000 persoas na comunidade autónoma.
A
nivel interanual, isto é, con respecto ao mes de maio do ano pasado, 12.398
persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do
desemprego do – 9,22 %.
Por sectores, 3.872 son da agricultura, 12.042 da industria, 8.180 da construción, 86.755 dos servizos e 11.187 do colectivo sen emprego anterior.
Caeu o paro na evolución anual e mensual nas sete grandes cidades, nas catro provincias galegas e en todos os sectores de actividade, liderando a caída o primario con respecto a hai un ano e a abril de 2024.
As cifras de parados menores de 30 anos e de mulleres son as menores de toda a serie histórica (2005); e o número de parados de longa duración é o máis baixo dos últimos 15 anos, desde 2009.
Ourense
Baixa o paro rexistrado en maio na provincia de
Ourense en relación co mes anterior en 408 persoas, un -2,73 %.
O número de parados queda en 14.545 deles 6.186 son
homes e 8.359 mulleres, 13.920 son maiores de 25 anos e 625 menores.
Por sectores, 689 son da agricultura, 1.449 da industria,
975 da construción, 9.927 dos servizos e 1.505 do colectivo sen emprego
anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto maio do ano
pasado, 930 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso
do desemprego do – 6,01 %.