martes, 9 de julio de 2024

O PPdeG critica a incongruencia do BNG ao pedir unha comisión de investigación sobre a prórroga da concesión da AP-9: unha infraestrutura estatal, outorgada polo Goberno central e que está sendo obxecto dun expediente pola Comisión Europea

Está mañá debatiuse no Parlamento de Galicia a solicitude de creación dunha comisión de investigación, proposta polos vinte e cinco deputadas e deputados do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, sobre “a ampliación da concesión da AP-9 por 25 anos, aprobada polo Goberno central no ano 2000, sobre a posterior privatización da autoestrada en 2003 e, en xeral, sobre as decisións do goberno central que beneficiaron os intereses da concesionaria e resultaronperxudiciais para Galicia e para as persoas usuarias da infraestrutura”.

No sea turno o portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, criticou no Pleno do Parlamento galego a “incongruencia” do BNG ao pedir unha comisión de investigación sobre a ampliación da concesión da AP-9: “unha infraestrutura de titularidade estatal, cunha concesión outorgada polo Goberno central e que está sendo obxecto dun expediente de infracción reservado pola Comisión Europea”. “O auténtico fin que perseguen con esta iniciativa é manipular, porque solicitan a constitución dunha comisión de investigación cuxas conclusións xa teñen perfectamente redactadas, incluíndo aos supostos responsables duns inventados delitos e irregularidades que ninguén está a investigar ou perseguir”, apuntou.

 

Alberto Pazos incidiu que “a proposta que hoxe nos traen os nacionalistas galegos é un cúmulo de incongruencias evidentes, omisións interesadas e de groseiras falsidades, que teñen como único obxectivo establecer un relato que permita salvar a cara á señora Pontón ante o seu enésimo ridículo electoral”.

 

PRÓRROGAS DE GOBERNOS DE PSOE E DE PP

 

“Non existe responsabilidade xudicial ou política no ámbito galego, non obra documentación nas institucións galegas, os posibles comparecentes non terían obriga legal de atender os requirimentos deste Parlamento e, como colofón, non podemos acceder ao expediente reservado da Comisión Europea”, sinalou respecto da proposta de comisión de investigación.

 

Na súa intervención, o portavoz popular explicou que “o BNG omite que o que está a investigar a Comisión Europea é se as dúas prórrogas da concesión da AP-9, tanto a concedida polo Goberno socialista de Felipe González por 10 anos ou a do Goberno de PP de José María Aznar por 25 anos, que contaron co visto bo dos servizos técnicos do Estado que fiscalizaron o procedemento, se adecúan ou non á normativa europea de competencia”. En concreto, ambas prórrogas, aprobadas por Real Decreto, foron informadas favorablemente polo Consello de Estado e a Avogacía do Estado.

 

Respecto das peaxes da AP-9, Alberto Pazos sinalou que “o incremento que sufrimos nos últimos anos ten unha orixe moi clara: a inflación e un convenio para a ampliación da ponte de Rande que incrementou as peaxes en todo o trazado da autoestrada, a razón do 1 por cento de suba anual durante 20 anos”. “O Goberno socialista de Zapatero, a través do ministro galego José Blanco, asinou o convenio de ampliación 48 horas antes dunhas eleccións xerais, ocultando ata despois da cita electoral o custo que supoñía para todos os galegos e, despois de perder as eleccións, esixiron revertelo para que a obra se fixera con cargo aos orzamentos do Estado”, lembrou.

 

“Nós non imos participar nesta cerimonia da confusión que pretende o BNG e imos seguir centrados nas dúas cuestións que centran os intereses dos galegos en relación á AP-9: a súa cesión á Galicia e a gratuidade das súas peaxes, que BNG e PSdeG prometeron antes das eleccións”, rematou o portavoz popular que  BNG e PSdeG prometeron antes das eleccións”, rematou o portavoz popular.