domingo, 7 de julio de 2024

Na Festa da Exaltación do Pan de Cea.



Asisto esta mañá á Festa da Exaltación do Pan de Cea. Este pan é una das tres Indicacións Xeográficas Protexidas de panadaría e repostaría rexistradas na nosa comunidade, xunto coa IXP Pan Galego e a IXP Tarta de Santiago. 

Unha certificación que sinala que os produtos posúen unha calidade determinada, reputación ou característica que pode atribuírse a unha orixe xeográfica e algunha fase da súa produción ten lugar nunha zona delimitada da que toma o seu nome.

Un dos produtos máis internacionais da gastronomía ourensá é o pan de Cea, que se elabora seguindo unha antiga receita en fornos artesanais en todo o concello, e que conta, como é corrente en Galicia, coa súa propia festa de exaltación, o primeiro domingo de xullo


O Campo da Saleta, convenientemente amenizado por pandeireteiras, charangas e gaitas, foi o escenario onde tivo lugar a Festa do Pan de Cea, co seu pregón e comidas popular.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles cualificou esta festividade como un referente do turismo gastronómico do verán e puxo de manifesto a importancia que ten esta celebración para poñer en valor un “produto galego diferenciado como é o pan de Cea” e tamén as técnicas ancestrais da zona para a súa elaboración. Tamén fixo referencia ao papel estratéxico destas festividades gastronómicas no modelo turístico galego, que aposta pola gastronomía, cultura e natureza.