miércoles, 10 de julio de 2024

Sobre os estudos informativos das variantes ferroviarias dos Peares – Canabal e de Rubián.

 

O 8 de maio de 2024 os deputados lucenses Cristina Ábades Martínez, Francisco Conde López, e Jaime Eduardo de Olano Vela e o ourensán Celso Delgado Arce solicitaron no Congreso un informe a la Administración del Estado sobre los planos y documentación correspondiente al trazado de la variante de Rubián en el concello de Bóveda (lugo) de la línea férrea  que une Lugo con Monforte y Ourense"

A resposta gubernamental chegou o 8 de xullo e literalmente di: “la información solicitada no se encuentra disponible al no haber un Estudio Informativo aprobado provisionalmente”.

Valoración da resposta:

É sumamente decepcionante.

Compre lembrar que a mellora da conexión ferroviaria entre Ourense, Monforte de Lemos e Lugo, foi presentada o 7 de maio de 2018 na cidade de Lugo, polo entón ministro de Fomento Íñigo de la Serna, e explicou as actuacións que xa se estaban levando a cabo e as programadas para mellorar substancialmente esa liña. Así en infraestruturas expuxo a "adecuación e reforzo das pontes, a definición do resto das estruturas, a análise dos túneles existentes para a intervención na súa adecuación, reforzo e adecuación de gálibos, o tratamento das trincheiras e terraplénes. E deu conta da situación naquel momento, fora encargada a redacción do proxecto".

Falou da renovación da superestrutura de vía no trazado completo actual, informando que estaba o proxecto en redacción. Afirmou que se deberían suprimir os 36 pasos a nivel dando conta que estaba en fase de adxudicación o expediente para a redacción dos proxectos. Explicou tamén as actuacións para realizar en materia de electrificación, dando conta de que estaban os proxectos en fase de redacción.

E finalmente informou que estaba a se desenvolver o estudo informativo para definir as mellores alternativas en dous ámbitos: No tramo entre Ourense e Monforte de Lemos, a Variante dos Peares – Canabal. E no tramo entre Monforte de Lemos e Lugo, a Variante de Rubián.

7 de maio de 2018

Trala moción de censura de xuño de 2018 e a chegada ao Goberno de Pedro Sánchez tivo lugar o nomeamento de José Luis Ábalos como ministro de Fomento. 

A partir dese momento e ata o día de hoxe ( con dous ministros novos polo medio)  algunhas das actuacións anunciadas polo ministro De la Serna fóronse materializando, unhas antes, outras con demoras, pero das variantes non hobo novas.

O interés dos deputados lucenses e ourensáns polas variantes non parou desde maio de 2018.

30 de maio de 2019 preguntamos ao Goberno sobre que previsión tiña ADIF para concluír a redacción do proxecto de renovación total do tramo ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, incluíndo a parte das variantes inicialmente previstas dos Peares-Canabal e Rubián. 

O 11 de xullo de 2019 o Goberno respondeu: "En relación co asunto interesado, sinálase que os proxectos de adecuación e mellora da vía correspondente ao tramo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo atópanse actualmente en redacción, cunha previsión de aprobación destes no verán de 2019. As posibles variantes atópanse en fase de estudo informativo”.

12 de decembro de 2019. Preguntamos ao ADIF para saber se xa estaba concluída a redacción do estudo informativo das variantes.

E E o 6 de febreiro de 2020 o Goberno respondeU: “Como resposta á pregunta formulada polas súas señorías, infórmase que o actual Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana conta cos seguintes estudos informativos redactados:

  - Variante ferroviaria Os Peares-Canabal (tramo Ourense-Monforte de Lemos da liña Monforte de Lemos-Vigo). Trátase dunha variante en vía única de 12 Qm aproximadamente, que permite un aforro de tempo máximo de 11 minutos e require un investimento na contorna de 530 millóns de euros. 

    - Variante ferroviaria de Rubián (tramo Monforte de Lemos-Lugo da liña León-A Coruña). Trátase dunha variante en vía única de 19 Qm aproximadamente, que permite un aforro de tempo máximo de 12 minutos e require un investimento na contorna dos 440 millóns de euros”.



   O 11 de decembro de 2020, formulamos catro preguntas sobre estas variantes, interesándonos polo momento administrativo no que se atopan e sobre as datas que manexa Adif para a súa licitación

    10 de febreiro de 2021, o Goberno respondeu de forma conxunta ás catro preguntas dicindo: “En relación co asunto interesado, sinálase que a incorporación dunha nova liña ou tramo na Rede Ferroviaria de Interese Xeral require da aprobación dun Estudo Informativo." 

  O 23 de febreiro de 2021 preguntamos os deputados lucenses e ourensáns:  ¿Están  activos o suspendidos los contratos suscritos por el MITMA con INECO referidos a  las Variantes de Os Peares-Canabal y de Rubián, imprescindibles para la mejora de la conexión ferroviaria entre Ourense-Monforte de Lemos–Lugo?

     O 6 de abril de 2021, o Goberno respostou: "En relación con el asunto interesado, se señala que sin perjuicio de actuaciones a mayor plazo, en estos momentos, el Gobierno, a través del Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana (MITMA), y a través de ADIF, está concentrado en la mejora de la línea existente, donde invertirá 546 millones de euros en la modernización y mejora del corredor".

     E dicir, eludía referirse as variantes deixando caer que estaban abandonadas.