O Parlamento de Galicia aprobou ontee unha proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que se insta á Xunta a iniciar na maior brevidade posible o proceso de contratación das obras no tramo da estrada OU-533 entre Viana do Bolo e A Gudiña e se inclúa unha partida orzamentaria específica nos orzamentos do 2025 para executar esta actuación.
O portavoz popular de Infraestruturas, Roberto Rodríguez, explicou que a Xunta xa ten elaborado un estudo previo para determinar as necesidades de mellora da estrada OU-533, analizando as necesidades de acondicionamento deste viario ata conseguir uns parámetros de trazado homoxéneos.
En concreto, este estudo
dividiu a estrada en catro sectores: conexión coa N-525, desde o quilómetro 0
ao 1; treito de A Gudiña a Viana do Bolo, desde o quilómetro 1 ao 15; a
travesía de Viana do Bolo, entre o quilómetro 15 e o 22,5; e o tramo entre
Viana do Bolo e A Rúa, desde o quilómetro 22,5 ao 50. “Diante deste estudo, a
Xunta considerou prioritario a intervención no tramo entre A Gudiña e Viana do
Bolo, e, por iso, o pasado 16 de febreiro asino a orde para redactar o proxecto
de acondicionamento deste tramo, que incluirá a mellora de interseccións,
renovación da capa de rodaxe, sinalización, balizamento e defensas, así como o
incremento e mellora de zonas de adiant
Roberto Rodríguez
manifestou que o investimento estimado para esta actuación superará os 15
millóns de euros e a previsión é ter redactado este proxecto a finais deste ano
2024, co fin de iniciar as obras unha vez estea supervisado a información
pública.amento, principalmente mediante a implantación de carrís adicionais”,
apuntou.