O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de xuño de 2024.
Galicia:
Baixa
o paro rexistrado en Galicia no mes de xuño en relación co mes anterior en
4.098 persoas, un -3,36 %.
Queda
situada a cifra de desemprego en 117.938 persoas.
Por sectores, 3.725 son da agricultura, 11.653 da industria, 7.913 da construción, 83.715 dos servizos e 10.932 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto ao mes de xuño do ano pasado, 12.086 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 8,59 %.
O paro caeu na evolución anual e mensual, nas catro provincias galegas, en todos os sectores de actividade e tamén nos colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como son, entre outros, as mulleres ou os menores de 30 anos.
Na comparativa anual, por sectores, liderou a baixada o primario (-12,78%) seguido da industria (-12,37%), da construción (-12,13%) e dos servizos (-7,89%). En canto aos colectivos prioritarios, diminuíu o paro nas mulleres (-9,19%), entre os menores de 30 anos (-8,20%) e nos parados de longa duración (-5,59%). Ademais, as cifras de desempregados xuvenís e de mulleres neste mes acadan ser as menores de toda a serie histórica (2005). Con respecto a xuño de 2023, ademais, o desemprego descendeu tamén nas sete grandes cidades.
Ourense
Baixa o paro rexistrado en xuño na provincia de
Ourense en relación co mes anterior en 386 persoas, un -2,65 %.
O número de parados queda en 14.159 deles 5.986 son
homes e 8.173 mulleres, 13.550 son maiores de 25 anos e 609 menores.
Por sectores, 518 son da agricultura, 1.442 da industria,
935 da construción, 9.616 dos servizos e 1.481 do colectivo sen emprego
anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto xuño do ano
pasado, 941 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso
do desemprego do – 6,23 %.