Na comparativa interanual (xullo de 2024 con xullo de 2023) obsérvase un aumento de 15.245 afiliacións no total do sistema en Galicia (1,41%) e un aumento do 2,35% (491.221 afiliacións) no conxunto estatal.
Por comunidades autónomas e con respecto ao mes de xuño de 2024, rexístrase unincremento das afiliacións en nove comunidades autónomas, destacando Cantabria (2,13%) eIlles Balears (1,98%); mentres que en oito comunidades autónomas rexístrase un descenso das afiliacións, sendo o Pais Vasco (-0,70%) a que sufre o maior descenso. En canto ás taxas con respecto ao mesmo mes do ano anterior, rexístranse taxas positivas en todas as comunidades autónomas. Os aumentos máis acusados prodúcense en Madrid, Canarias, Illes Balears e Comunitat Valenciana con taxas interanuais superiores ao 2,50%.