viernes, 2 de agosto de 2024

En xullo medra o paro en Galicia en 107 persoas e baliza en Ourense en 4


Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de xullo de 2024.

Galicia

O mercado laboral galego acaba con 118.045 persoas, a cifra de paro máis baixa nun mes de xullo desde que hai rexistros (1996). Ademais, Galicia é a segunda comunidade autónoma en baixada de paro na evolución anual (-7,38%), superando a baixada do Estado (-4,77%) en 2,61 puntos e tamén é a segunda comunidade que máis sube en afiliacións no último mes. 

Ademais, o paro caeu na evolución anual nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade e tamén en colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como as mulleres, os menores de 30 anos e os parados de longa duración. 

Na comparativa anual, por sectores, liderou a baixada o primario (-11,93%) seguido da construción (-11,47%) e da industria (-11,25%). En canto aos colectivos prioritarios, diminuíu o paro nas mulleres (-7,96%), entre os menores de 30 anos (-5,32%) e nos parados de longa duración (-6,05%). Ademais, a cifra de desempregados xuvenís é a máis baixa de toda a serie histórica (2005) e a de mulleres desempregadas a máis baixa nun mes de xullo.  

Con respecto á evolución mensual, medra o paro rexistrado en Galicia no mes de xullo en relación co mes anterior en 107 persoas, un 0,09%

 Ourense


Baixa o paro rexistrado en xullo na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 4 persoas, un -0,03 %.


O número de parados queda en 14.155 deles 5.890 son homes e 8.265 mulleres, 13.536 son maiores de 25 anos e 619 menores.


Por sectores, 636 son da agricultura, 1.422 da industria, 929 da construción, 9.675 dos servizos e 1.493 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto xullo do ano pasado, 760 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 0,03 %.