Neste domingo de calor abafante visitei o Couto Mixto, un territorio singular que hoxe comprende os concellos ourensáns de Baltar e Calvos de Randin.
Como lembra na súa páxina web a Asociación de Amigos do Couto Mixtou, que preside Luis García Mañá, en 1863 desaparece, por mor da lei de lindes entre os reinos de España e Portugal, un territorio singular na raia seca: O Couto Mixto.
Este territorio de apenas 20 hectáreas pertence hoxe a Galicia e está formado polas freguesias de Santiago, Rubiás e Meaus compartíndoo os concellos de Baltar e Calvos de Randin. Por mor daquela lei, os pobos do Couto Mixto integráronse en España e, a cambio, tres pobos españois, Souteliño, Cambedo e Lamas de Arco, pasaron ao territorio portugués.
Sobre aquel territorio tiñan xurisdicións as casas de Bragança e Monterrei. O veciños do Couto Mixto pertencían, pois, a un territorio independente. Tiñan privilexios: non ter que alistarse nin no exército portugués nin no español; podían facer negocios sen tributaren a ningún dos dous Estados. Foi a primeira república democrática que se coñeze, cando na súa contorna os rexímenes políticos era absolutistas, herdeiros de monarquías feudais.
Nunha entrada que publicarei mañá lembrarei a vinculación que me une ao Couto Mixto
https://galeguizargalicia.gal/asociacion-de-amigos-do-couto-mixto/somos/