Hoxe tivo lugar una visita ás obras de modernización e
consolidación dos regadíos da Comunidade xeral de regantes Nova Limia, acto que
estivo presidido pola secretaria de Estado de Agricultura y Alimentación,
Begoña García Bernal.
T
amén acudiron o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor. o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos Martínez e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José A. Quiroga, outras autoridades, regantes, etc.Executa estas obras o Ministerio de Agricultura, Pesca e
Alimentación a través de SEIASA por valor de 42.350.000 euros (IVE incluído).
O proxecto de mellora para o aproveitamento en regadío das 42
captacións das augas subterráneas A Limia 2022 modernizará os regadíos das
comunidades de regadores de Lamas-Ganade, Alta Limia, Corno do Monte e San Salvador de Sabucedo e beneficia a1.822 regadores que cultivan 2.576 hectáreas nos municipios de Xinzo de Limia, Trasmiras, Sarreaus e Porqueira.
O obxectivo da actuación, ten un prazo de execución de 24 meses, é substituír os actuais sistemas de rega con motobombas diésel e tubaxes de aluminio superficiais, por modernas redes de rega presurizadas alimentadas por captacións de augas subterráneas e con telecontrol.
As novas infraestruturas estarán dotadas con estacións de bombeo e filtrado, hidrantes, instalacións solares fotovoltaicas e elementos de regulación e almacenamento, de tal forma que o agricultor dispoña dunha toma de auga a presión próxima á súa parcela e integrada nun sistema de automatización e telecontrol.
Esta actuación está incluída no programa de mellora da eficiencia e sustentabilidade de regadíos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRT) e cofinanciada, por tanto, con por fondos Next Generation da Unión Europea.
A achega pública será dun máximo do 80 % do custo dos gastos elixibles, mentresque as comunidades de regadores achegarán o resto.
García Bernal dixo que “estamos cumpliendo escrupulosamente con lo que el Gobierno de España se ha comprometido”, ha asegurado, y ha añadido que el Gobierno “cumple y sabe que esta obra tiene que estar finalizada antes de julio de 2026, como todas las obras del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia”. “Para el verano de 2026, la gente de Limia tiene que estar regando con un nuevo regadío, modernizado, con telecontrol y con estas energías renovables, en definitiva con una vida mejor. Ese es el trabajo del Gobierno de España” asegurou.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reiterou o compromiso da Xunta co regadío da Limia, un apoio que, entre outras
cuestións, se concretou nunha achega de 7 millóns de euros para facer posible
un total de 42 captacións de auga.
María José Gómez, que estivo acompañada pola directora
xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, sinalou que
“cómpre seguir traballando xuntos, todas as administracións implicadas, para
garantir o futuro desta iniciativa". Neste sentido, salientou a presenza no acto
do presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e valorou que o organismo
provincial tamén se prestou a colaborar no seu cofinanciamento.
Nesta liña, a
conselleira apelou ao “diálogo continuo e constante” para impulsar este
proxecto. Por iso, remarcou que “as administracións estaremos para facer as
aportacións necesarias para ese cofinanciamento” e para apoiar a iniciativa.
Así, cualificou o proxecto de “esencial” para unha comarca como A Limia,
“especialmente agrícola e onde cada metro de terra produce moitísimo”. Engadiu
que en Galicia temos a fortuna de contar co clima e coa fertilidade da terra e
por iso podemos ser “a despensa de España e mesmo de Europa”.
O presidente da Deputación,
Luis Menor lembrou a reunión do pasado 4 de xullo onde a Xunta, a Deputación e
os regantes da Limia "deixamos claro que o proxecto da modernización do
regadío da Limia é un proxecto estratéxico no ámbito rural para Galicia e sobre
todo para a provincia de Ourense, e hoxe é un día histórico porque por fin
vemos que as obras están en marcha para o seu remate en 2025".
Trátase dunha obra que, con todos os custes, aproxímase aos 50 millóns, investimento moi importante onde están implicados o Goberno Central e a Xunta, e onde colabora a Deputación para aportar os recursos necesarios para culminala, o que dará lugar a 4.000 hectáreas de regadío nunha comarca senlleira e eminentemente agrícola.
"Como non podemos poñer en perigo ese proxecto, garantizamos que a Xunta e a Deputación asumirán eses costes do IVE -que no caso da institución provincial serán 4 millóns de euros) se finalmente o Goberno Central non os asume. Damos total seguridade a que este proxecto será unha realidade.
Ese é o compromiso que adquirimos no mes
de xullo e que por suposto mantemos con firmeza", proclamou Menor,
lembrando que "o compromiso de Alfonso Rueda e da Xunta de Galicia é claro
e notorio, proba delo son as inversións que levan feitas: case 7 millóns de
euros para poñer en funcionamento 40 pozos de regadío, imprescindible para
acometer a modernización do regadío da Limia".