Ademais, demándase ao Goberno central que se restableza e reforce os servizos ferroviarios existentes antes da pandemia da Covid-19, tanto no interior como de conexión co resto de España; ao tempo que se incrementa as prazas nas conexións ferroviarias de maior demanda e corrixe as múltiples incidencias e retrasos rexistrados no servizo ferroviario en Galicia, nomeadamente no relativo aos trens Avril-Avlo, incorporando os novos trens comprometidos polo Ministerio para o vindeiro outono.
Gonzalo Trenor lembrou que
“nunca antes houbo tantas incidencias no transporte ferroviario como o pasado
verán: atrasos, xente tirada nas estacións e nos trens, avarías no material
rodante e na infraestrutura, un servizo desbordado, fallos na plataforma tecnolóxica
e persoal ao límite”, ante o que “a resposta do Goberno central foi negar a
realidade, mentir, pedir calma e dicir que todo isto era unha conspiración da
extrema dereita”.
SEN INTERESE POR MELLORAR A
CONECTIVIDADE FERROVIARIA
A iniciativa aprobada hoxe tamén incorpora demandas ao Goberno central centradas nas conexións ferroviarias das cidades galegas. Así, pídese que se garanta que cidades como Lugo e Ferrol accedan en pé de igualdade co resto do territorio á alta velocidade e á intermodalidade, para o que se estima imprescindible a execución das variantes ferroviarias de Peares-Canaval e Rubián, e a variante ferroviaria de Betanzos.
Tamén se solicita que o Goberno central preste especial atención, debido á situación de precariedade na que se atopan, aos corredores ferroviarios de A Coruña-Lugo-Ourense ou o Vigo-Ourense-Monforte, evitando a perda progresiva de servizos, así como ás conexións entre Lugo e Madrid e co País Vasco e Cataluña.
Por último, demándase que
se axilice a execución da saída sur de Vigo, co obxectivo de que poida estar en
funcionamento no horizonte de 2030; e que se dea cumprimento aos compromisos
adquiridos polo Goberno de España de designar un interlocutor para requirir
información e explicacións sobre as constantes incidencias que se rexistran no
transporte ferroviario en Galicia, a remisión do Plan director do Corredor
Atlántico e a creación dun grupo de traballo técnico coa Xunta para avanzar nos
proxectos previstos e analizar as necesidades detectadas.