domingo, 1 de septiembre de 2024

Comeza un novo período de sesións no Congreso, no que imos activar a tramitación da Proposición de Lei Orgánica de transferencia da titularidade e competencias da autoestrada AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia

Mañá 2 de setembro retomamos a actividade parlamentaria no Congreso nun novo período de sesións. 

Entre os temas de gran interese para Galicia  atópase a tramitación da Proposición de Lei Orgánica de transferencia da titularidade e competencias da autoestrada do Atlántico (AP-9) á Comunidade Autónoma de Galicia.

Desde o Grupo Parlamentario Popular os deputados galegos imos activar a súa tramitación - acordada polo procedemento de urxencia -  e como primeira medida imos solicitar que a Mesa peche neste mes de setembro o prazo de presentación de emendas. Nesta ocasión somos ponentes tres deputados galegos; Pedro Puy, Tristana Moraleja e eu, Celso Delgado.

Queremos evitar o sucedido na pasada XIV Lexislatura na que Pedro Sánchez e Yolanda Díaz cos  seus Grupos Parlamentarios: Socialista e Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común, boicotearon a tramitación da PLO de transferencia con feitos como prorrogar ata quince veces o prazo de presentación de emendas.

Nesta XV Lexislatura, o Pleno do Congreso dos Deputados, na súa sesión do 11 de xuño de 2024 tomou en consideración a Proposición de Lei Orgánica de transferencia da titularidade e competencias da autoestrada do Atlántico (AP-9) á Comunidade Autónoma de Galicia, presentada polo Parlamento de Galicia, publicada no «BOCG. Congreso dos Deputados», serie B, núm. 57-1, do 19 de xaneiro de 2024. Obtivo 342; a favor, 309 e tivo en contra, 33.

Tomada en consideración a  citada Proposición de Lei Orgánica, a Mesa da Cámara, na súa reunión do día 18 de xuño, acordou encomendar Ditame sobre a mesma á Comisión de Transportes e Movilidad Sostible, así como, de conformidade co disposto nos artigos 93.1 e 126.5 do Regulamento, dispoñer a súa tramitación polo procedemento de urxencia e abrir un prazo de oito días hábiles que expira o día 2 de setembro de 2024, no que os Deputados e os Grupos Parlamentarios poderemos presentar emendas. 

Este prazo foi logo ampliado ata as 18:00 horas do 4 de setembro.


Os ponentes do GPP

A REALIDADE DA TRAMITACIÓN NA XIV LEXISLATURA DA P.L.O. DE TRANSFERENCIA DA AP-9 A  COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

O inicio da tramitación desta proposición na Cámara Baixa data de decembro de 2019, aínda que non foi ata febreiro de 2021 cando se aprobou –cunha ampla maioría de 287 deputados– a súa toma en consideración e se encomendou o Ditame sobre a mesma á Comisión de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. 

Un debate no que intervíron polos populares Celso Delgado en nome do GPP. xunto ao deputado autonómico Diego Calvo, en representacón do Parlamento de Galicia. 

A partir deste momento, tal e como denunciamos os populares, a iniciativa lexislativa chegou a acumular ata 15 prórrogas “acordadas sistemáticamente polos representantes de PSOE e Podemos-Galicia en Común”. 

Finalmente, o 21 de setembro de 2021 constituíuse a Ponencia, pero non volveu a convocarse unha reunión da mesma ata o 15 de marzo de 2023, ante a posición contraria da maioría gubernamental; nesa reunión da Ponencia acordaron volver reunirse unha vez pasada a Semana Santa.

Os deputados galegos Jaime de Olano e Celso Delgado no mes de abril de 2023 solicitaron a Mesa da Comisión de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana  que convocara unha nova reunión da Ponencia no mes de maio para que  levase a cabo os traballos correspondentes para a elaboración do informe e o seu posterior envío á Comisión.

O 10 de maio de 2023 reuniuse no Congreso dos Deputados a ponencia encargada de debater a Proposición de Lei Orgánica na Cámara Baixa.

Nesa reunión o PSOE bloqueou que se aprobase o informe da ponencia encargada de debater a Proposición de Lei Orgánica (PLO) de transferencia da titularidade e competencias da autopista AP-9 a Galicia. O texto poposto polos ponentes populares, era “literalmente idéntico” ao que se aprobou por unanimidade no Parlamento de Galicia, onde si contou co voto dos socialistas.

Sorprendeunos que o PSOE boicotease en Madrid o que en Galicia afirmaba que apoiará”, e  eu mesmo como membro desta ponencia dixen: “no PP seguiremos traballando para que as competencias sobre a Autoestrada do Atlántico sexan transferidas á nosa Comunidade, xunto aos medios necesarios para a súa xestión”, remachou.

De feito, mesa reunión, os ponentes populares avogamos por retirar as emendas presentadas e cinguirnos ao texto do Parlamento para chegar a un acordo, pero o PSOE se negou a retirar as súas, o que evitou que se lle dera luz verde ao informe.

Os socialistas mantiveron a súa postura de desactivar a transferencia da titularidade e das competencias e limitala a unha “transferencia de competencias sobre a administración e a explotación”. É dicir, que a titularidade da AP-9 quede en mans da Administración Xeral do Estado, como ata agora.

O compromiso de respectar a literalidade da PLO do Parlamento de Galicia —e de abordar en fases posteriores da tramitación os imprescindibles aspectos materiais e orzamentarios— tiña como obxectivo axilizar a aprobación da transferencia. Susténtabase nunha proposición non de lei aprobada o pasado 11 de abril de 2023 polas tres forzas políticas con representación na Cámara Autonómica.

Polo tanto a posición boicoteadora dos socialistas desde 2021 ata o fin da XIV Lexislatura pola disolución decretada por Sánchez, impediron que as Cortes aprobasen a Proposición de Lei Orgánica (PLO) de transferencia da titularidade e competencias da autopista AP-9 a Galicia.