Galicia
O mercado laboral galego acaba agosto con 118.679 persoas, medrando o paro rexistrado en relación co mes anterior en 633 persoas, un 0,54%
Na comparativa anual, o paro baixou en 9.047 persoas, un -7,08 %. Galicia é a terceira comunidade que acada unha maior redución de paro rexistrado no último ano en termos relativos.
Nesta evolución anual, tamén cae o paro nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade e tamén en colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como as mulleres, os menores de 30 anos e os parados de longa duración.
Tamén na comparativa anual, por sectores, liderou a baixada o primario (-12,12%) seguido da construción (-11,05%). En canto aos colectivos prioritarios, diminuíu o paro nas mulleres (-7,67%), entre os menores de 30 anos (-5,84%) e nos parados de longa duración (-6,45%). Ademais, as cifras de mulleres desempregadas, con 70.361, e de desempregados xuvenís, con 12.533, son as máis baixas nun mes de agosto desde que hai rexistros (2005). A de parados de longa duración, de 60.952, é a cifra máis baixa dun mes de agosto dos últimos 16 anos.
Ourense
Medra o paro rexistrado en agosto na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 133 persoas, un -0,94 %.
O número de parados queda en 14.288 deles 5.881 son homes e 8.407 mulleres, 13.646 son maiores de 25 anos e 642 menores.
Por sectores, 628 son da agricultura, 1.441 da industria, 946 da construción, 9.754 dos servizos e 1.519 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto a agosto do ano pasado, 650 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 4,35 %.