Solicitamos que o ministro informe sobre cal é a real posición do goberno en relación coa transferencia da titularidade e a xestión da autoestrada AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia, porque estamos en plena fase de tramitación da mesma e realmente estamos a observar indicios de que o goberno socialista pretende novamente boicoteala.
Tamén queremos saber por que razón aínda neste ano 2024 o goberno anuncia que non vai aplicar as novas bonificacións aos usuarios ás que se comprometeu.
E desde logo queremos coñecer cando o Goberno vai dar os primeiros pasos para cumprir o compromiso que en campaña electoral o candidato do Partido Socialista, o señor Gómez Besteiro, co aval do goberno, comprometeu a gratuidade desta autoestrada AP-9.
E por suposto, queremos coñecer a razóns polas que o ministro chegou a falar duns custos da transferencia da autoestrada a Galicia e/o do seu rescate, que ían desde os 4.000 aos 6.000 millóns de euros, cando un recente estudo encargado pola Xunta de Galicia, cifra en 526 millóns de euros o custo da transferencia do a AP-9 Galicia e que o rescate oscilaría entre 1.612 millóns de euros e 2.355 millóns de euros. Sobre todo isto o ministro debe dar explicacións.