jueves, 3 de octubre de 2024

En setembro diminuíu en Galicia a afiliación media á Seguridade Social en 7.040 traballadores

 


O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións publicou onte 2 de outubro os datos de afiliación á Seguridade Social de setembro de 2024.

A afiliación media á Seguridade Social diminuíu en Galicia en 7.040 traballadores respecto a agosto (un -0,64 %), ata as 1.085.846 persoas, o que supoñen 14.734 máis que en setembro de 2023 (1,38 %). É a cifra máis alta nun mes de setembro desde o ano 2008. 

A afiliación media á Seguridade Social diminuíu en Ourense en 113 traballadores respecto a agosto (un -0,11 %), ata as 107.380 persoas, o que supoñen 497 máis que en setembro de 2023 (0,46 %).