Mañá domingo celebrarase na cidade de Ourense a XLVII da Carreira de San Martiño, que forma parte do calendario oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo (FGA) e a súa gran novidade este ano é que a carreira absoluta terá un percorrido distinto debido ás obras que se están realizando na Avenida de As Caldas.
O novo percorrido, de 10 km está totalmente homologado pola FGA: Saída da Ponte do Milenio, avenida Xesús Pousa, Praza da Estación, avenidade Marín, Ponte Nova, Curros Enríquez, Paseo, Lamas Carvajal, Praza Maior, Bispo Carrascosa, Colón, Padre Feijóo, Lugo, Fernández-Oxea, Galicia, Ramón Puga, Nosa Señora da Saínza, Avenida de Zamora, Rotonda avenida de. Zamora, Avenida de Zamora (sentido contrario), Progreso, Marcelo Macías, avenida de Portugal, Vila Real, Ervedelo, Doctor Fleming, Tras Alameda, Progreso y Praza Concepción Arenal.
Este sábado achegueime ao pavillón dos Remedios a recoller o
meu dorsal para participar nesta magífica proba que é unha festa dos deportistas ourensáns.