martes, 5 de noviembre de 2024

La Seguridad Social perdió en Galicia 2.470 afiliados un - 0,23% menos que en septiembre y en el total de España la Seguridad Social ganó 134.307 afiliados, un 0,63% más


O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións publicou hoxe os datos de afiliacióná Seguridade Social de outubro de 2024. A afiliación media á Seguridade Socialaumentou no conxunto estatal en 134.307 traballadores respecto a setembro (un 0,63%), ata as 21.332.513 persoas, o que supoñen 514.856 máis que en outubro de 2023 (2,47%).

En termos   desestacionalizados os afiliados subiron en 67.772 (0,32%) e a afiliación media alcanzou os 21.288.671.

Por comunidades autónomas e con respecto ao mes de setembro de 2024, rexístrase un incremento das afiliacións en doce comunidades autónomas, sendo Comunitat Valenciana e Canarias (ambas cun 1,61%) as que experimentan o maior incremento; mentres que en cinco comunidades autónomas rexístrase un descenso das afiliacións, sendo Illes Balears (-5,41%) a que sufre o maior descenso.

En canto ás taxas con respecto ao mesmo mes do ano anterior, rexístranse taxas positivas en todas as comunidades autónomas. Os aumentos máis acusados prodúcense en Canarias, Illes Balears e Madrid, con taxas interanuais superiores ao 3,00%.


Galicia

En Galicia o número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia no mes de outubro do ano 2024 acadou a cifra de 1.083.376 para o total do sistema, o que supón un descenso respecto ao pasado mes de setembro de 2024 de 2.470 afiliacións (-0,23%).

Na comparativa interanual (outubro de 2024 con outubro de 2023) obsérvase un aumento de 15.523 afiliacións no total do sistema en Galicia (1,45%) e un aumento do 2,47% (514.856 afiliacións) no conxunto estatal.

O número medio de afiliacións á Seguridade Social subiu con respecto ao mesmo mes do ano pasado en todas as provincias galegas. A Coruña é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 2,15%, seguida de Pontevedra (1,02%), Lugo (0,78%) e Ourense (0,76%).

No que respecta ás afiliacións medias deste mes de outubro con respecto ás do mes de setembro, rexistrouse en Galicia un descenso do 0,23%. Pontevedra (-0,75%), Ourense (-0,47%) e Lugo (-0,40%) presentan unha taxa de variación intermensual negativa, mentres que A Coruña (0,29%) presenta unha taxa de variación intermensual positiva.


Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones e IGE