O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de outubro de 2024.
Galicia
O mercado laboral galego acaba outubro con 122.214 persoas, medrando o paro rexistrado en relación co mes anterior en 1.222 persoas, un 1,01 %- É a cifra de paro máis baixa nun mes de outubro de toda a serie histórica (desde 1996)
Na comparativa interanual, o paro baixou en 11.134 persoas, un -8,35 %. Nesa comparativacae o paro nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade e tamén en colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como as mulleres, os menores de 30 anos e os parados de longa duración.
Ourense
Medra
o paro rexistrado en outubro na provincia de Ourense en relación co mes
anterior en 256 persoas, un 1,74 %.
O
número de parados queda en 14.948 deles 6.262 son homes e 8.686 mulleres, 14.239
son maiores de 25 anos e 709 menores.
Por
sectores, 758 son da agricultura, 1.513 da industria, 934 da construción, 10.096
dos servizos e 1.647 do colectivo sen emprego anterior.
A
nivel interanual, isto é, con respecto a outbro do ano pasado, 658 persoas
sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do
– 4,22 %.