sábado, 16 de noviembre de 2024

Visitando o 15º Salón do Vehiculo Novo en Expourense

Visitó esta mañá o 15º Salón do Vehiculo Novo que acollé Expourense do 15 ó 17 de novembro. Trátase dunha citas vencellada cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, e que está organizado de forma conxunta entre Expourense e Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (A.C.A.U.T.O.)

Todas as marcas presentes aproveitan a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2025. En total, participarán 16 empresas representando a 25 marcas que presentarán en total 37 de modelos novos. As marcas representadas son: ABARTH, AUDI, BMW, CITROËN, CUPRA, DACIA, FIAT, FORD, HYUNDAI, JEEP, KIA, LEAP MOTOR, MAZDA, MERCEDES BENZ, MG, NISSAN, OPEL, PEUGEOT, PORSCHE, RENAULT, SEAT, SKODA, TOYOTA, VOLKSWAGEN e VOLVO. 


Dende ACAUTO insisten de novo na necesidade de rexuvenecer o parque móbil da provincia de Ourense, o máis antiguo e España, que na actualidade ten unha idade media de 17 anos.