A partir da información proporcionada polas proxeccións a curto prazo
elaboradas cada dous anos polo Instituto Nacional de Estadística (INE), o IGE elabora a desagregación territorial das mesmas, ata o nivel de
comarcas.
Acaba de presentar o IGE os resultados obtidos para o
período 2024-2039, e estos son os principais datos de Variación da
poboación
No
caso de mantérense as tendencias demográficas actuais, Galicia presentaría un
comportamento de crecemento poboacional dende 2024 ata o 1 de xaneiro de 2030,
pasando a decrecer entre esa data e a fin da proxección, en 2039; no total do
período experimentaríase unha caída do
0,3%.
Por provincias, as de Lugo e Pontevedra son as que manifestarían diminucións máis acusadas, dun 2,6% e 0,6% respectivamente, mentres que na provincia de Ourense a poboación practicamente non variaría e na provincia da Coruña agardaríase un incremento da poboación no período de proxección do 0,5%.
A diminución da poboación galega explicaríase maioritariamente polo saldo
vexetativo negativo no período, que seguiría a tendencia observada nos últimos
anos, aínda que cómpre salientar que se espera que tanto nacementos como
defuncións experimenten crecementos durante os vindeiros anos.
Asi, se en 2024 o saldo vexetativo se situaría
na cifra de -20.548 persoas, en 2038 proxéctase en -20.253
persoas. Porén, o saldo migratorio
en Galicia presentaría signo positivo en todo o período da proxección, acadando
o seu valor máximo durante o ano 2024, 28.355 persoas; en 2038 proxéctase un saldo migratorio
para Galicia de 14.777 persoas.
Por áreas (agrupación de comarcas),
gañarían poboación nos vindeiros anos a Área da Coruña, un 6,6%, Área de Santiago, un 3,7%,Ourense
central, un 2,5%,Área de Ourense, un 2,1% e Área de Vigo, un 1,2%. Por outra parte, as que presentarían un maior
decrecemento poboacional entre 2024 e 2039 serían
as de A Coruña suroriental, cunha diminución do 8,1%, a
de Área da Costa da morte, cun decrecemento do 7,9%, a
de Ferrol-Eume-Ortegal, cun descenso do 5,9%, e
a Lugo oriental, cunha diminución do 5,8%.
Por comarcas, segundo estas estimacións Ortegal perdería case a
cuarta parte da súa poboación nos próximos quince anos, cun decrecemento no
período do 24,7%. Por outra banda, prevese que varias
comarcas gañen máis do 5% de poboación no período considerado: A Coruña, Valdeorras, e Santiago.