O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de novembro de 2024.
Galicia
O mercado laboral galego acaba novembro
con 121.742 persoas, baixando
o paro rexistrado en relación co mes anterior en 472 persoas, un -0,39 % %.
É a cifra de paro máis baixa nun mes de
novembro desde que hai rexistros (1996)
Na comparativa interanual, o
paro baixou en 9.426 persoas, un -7,19 %.
En relación con esta comparativa o paro cae nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade, liderando a baixada a construción (-13,32%) e o sector primario (-12,38%).
Tamén baixa o desemprego nos colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como as mulleres, os menores de 30 anos e os parados de longa duración. Ademais, as cifras de parados menores de 30 anos, con 13.957, e de mulleres desempregadas, con 70.661, son as máis baixas nun mes de novembro desde que hai rexistros (2005). En canto ao dato de parados de longa duración, de 61.444, é o máis baixo nun novembro dos últimos 16 anos.
Ourense
Baixa
o paro rexistrado en novembro na provincia de Ourense en relación co mes
anterior en 7 persoas, un -0.05 %.
O
número de parados queda en 14.941 deles 6.318 son homes e 8.623 mulleres, 14.220
son maiores de 25 anos e 721 menores.
Por
sectores, 757 son da agricultura, 1.491 da industria, 900 da construción, 10.175
dos servizos e 1.618 do colectivo sen emprego anterior.
A
nivel interanual, isto é, con respecto a novembro do ano pasado, 584 persoas
sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do
– 3,76 %.