En termos desestacionalizados os afiliados subiron en 13.116 (0,06%) e a afiliación media alcanzou os 21.301.787.
Galicia
En Galicia o número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en
Galicia no mes de novembro do ano
2024 acadou a cifra de 1.081.121 para o total do sistema, o que supón un
descenso respecto ao pasado mes de outubro
de 2024 de 2.255 afiliacións (-0,21%).
Na comparativa interanual (novembro de 2024 con novembro de 2023) obsérvase
un aumento de 17.555 afiliacións no total do
sistema en Galicia (1,65%) e un aumento do 2,39 % (496.389 afiliacións) no
conxunto estatal.
O número medio de afiliacións á Seguridade Social baixou con respecto ao
mesmo mes do ano pasado en todas as provincias
galegas.
A Coruña é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 2,27 %, seguida de Ourense
(1,25%), Pontevedra (1,24 %) y Lugo
(0,78%) e Ourense (0,91%).
No que respecta ás afiliacións medias deste mes de novembro con respecto ás
do mes de outubro, rexistrouse en A Coruña
un descenso do 0,10%. Pontevedra (-0,09%), Ourense (-0,20%) e Lugo (-0,98%).