Onte a Mesa do Congreso dos Deputados con maioría do PSOE e Sumar, seguindo as directrices do Goberno acordou a pórroga número dezasete do prazo de presentación de emendas á Proposicion de Lei Orgánica (PLO) de transferencia da titularidade e competencias da autoestrada do Atántico (AP-9).
O novo prazo vencerá o 4 de febreiro de 2025.
Fano pese as reiteradas protestas desde hai meses do Partido Popular e da Xunta de Galicia recollidas polos medios de comunicación. É inacceptable o boicot desta PLO cuxa toma en consideración polo procedemento de urxencia foi aprobado no mes de xuño deste mesmo ano.
Unha vez máis saliento que todo apunta a que o PSOE, coa conivencia do socialismo galego, está favorecendo unha prórroga indefinida dos prazos para que tampouco nesta Lexislatura se faga efectiva a transferencia a Galicia da titularidade e xestión da principal autoestrada da Comunidade.