miércoles, 18 de diciembre de 2024

A Mesa do Congreso dominada polo PSOE e Sumar acorda por 17ª vez a prórroga da tramitación da PLO de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 a Galicia

Onte a Mesa do Congreso dos Deputados con maioría do PSOE e Sumar, seguindo as directrices do Goberno acordou a pórroga número dezasete do prazo de presentación de emendas á Proposicion de Lei Orgánica (PLO) de transferencia da titularidade e competencias da autoestrada do Atántico (AP-9). 

O novo prazo vencerá o 4 de febreiro de 2025.

Fano pese as reiteradas protestas desde hai meses do Partido Popular e da Xunta de Galicia recollidas polos medios de comunicación. É inacceptable o boicot desta PLO cuxa toma en consideración polo procedemento de urxencia foi aprobado no mes de xuño deste mesmo ano.

Unha vez máis saliento que todo apunta a que o PSOE, coa conivencia do socialismo galego, está favorecendo unha prórroga indefinida dos prazos para que tampouco nesta Lexislatura se faga efectiva a transferencia a Galicia da titularidade e xestión da principal autoestrada da Comunidade.