Durante unha rolda de prensa, o conselleiro de Facenda e Administración Pública precisou que, en Galicia, o PIB per cápita medrou un 41% desde o ano 2009, mentres que en España fíxoo un 33,8%. “Tan só nove comunidades presentan unha mellor evolución que a media neste período e Galicia é a que ten un mellor comportamento”, dixo, incidindo en que durante todo o período 2009-2023, vén situándose entre as CC.AA. con maior crecemento na riqueza por habitante.
Como consecuencia desta boa evolución, subliñou que a comunidade conseguíu mellorar 4,7 puntos o seu nivel de converxencia coa media de España, ata chegar ao 92,5% no ano 2023, unha evolución coherente coa previsión de achegarnos á plena converxencia (98%), no horizonte 20230.
No tocante á renda dispoñible per cápita dos fogares, Miguel Corgos resaltou que nos últimos 14 anos, Galicia diminuíu o diferencial de renda dispoñible por fogar en 556 euros, aumentando en 3.366 euros a renda dispoñible por fogar entre 2009 e 2022, fronte aos 2.810 euros da media de España.