sábado, 4 de enero de 2025

Galicia pechou o mellor mes de decembro desde 2008, acadando os 1.079.573 cotizantes á Seguiridade Social que supoñen un aumento con respecto a hai un ano dun 1,63%

Según o Informe do IGE procesando os datos do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións o  número    medio   de   afiliacións    ao  Sistema    da  Seguridade    Social  en  Galicia   no  mes   de decembro  do  ano  2024  acadou   a cifra  de 1.079.573  para  o total   do  sistema,  o que  supón  un descenso  respecto  ao pasado   mes  de  novembro   de 2024  de 1.549 afiliacións  (-0,14%).  

Para  o conxunto   estatal    a cifra  de  afiliacións   sitúase   en  21.337.962,  rexistrando  un  incremento  do 0,17% con respecto  ao pasado   mes  de novembro.

Na  comparativa   interanual   (decembro  de   2024   con   decembro   de   2023)   obsérvase   un aumento  de 17.290 afiliacións   no total   do sistema   en Galicia  (1,63%) e un aumento  do 2,41% (501.952 afiliacións)  no conxunto estatal.

Por  comunidades  autónomas  e  con  respecto  ao  mes  de  novembro   de  2024,   rexístrase  un incremento  das  afiliacións   en once  comunidades  autónomas,  sendo   Andalucía  (1,00%) a que experimenta  o maior  incremento; mentres  que  en seis comunidades autónomas  rexístrase  un descenso das  afiliacións,   sendo   llles  Balears  (-4,29%)  a que  sofre  o maior  descenso.  En canto ás taxas con respecto  ao mesmo  mes  do ano anterior, rexístranse taxas  positivas   en todas   as comunidades autónomas.  Os aumentos  máis  acusados  prodúcense  en Canarias,   llles  Balears e Madrid, con taxas  interanuais superiores ao 3,00%.



Datos de afiliacións por provincias

O número   medio  de afiliacións  á  Seguridade   Social subiu  con respecto   ao mesmo  mes do ano pasado  en todas   as provincias   galegas.  A Coruña  é a  provincia   que  presenta   a  maior  subida nas afiliacións  cunha  taxa  de variación   interanual  do  2,25%,  seguida  de  Pontevedra   (1,26%), Ourense  (1,10%) e  Lugo (0,87%).

No que  respecta   ás afiliacións  medias  deste   mes  de  decembro   con  respecto   ás do  mes  de novembro,    rexistrouse    en  Galicia   un  descenso   do  0,14%.  Pontevedra    (-0,19%),   A  Coruña (-0,17%)  e Lugo  (-0,07%)   presentan   unha  taxa  de variación   intermensual  negativa,   mentres que Ourense  (0,07%)  amasa  unha taxa  de variación   intermensual  positiva.



Información   segundo réxime  de afiliación

As afiliacións   ao réxime  xeral,  que representan    o 79,43%  das afiliacións   galegas  en decembro de   2024,    experimentaron    un   descenso    do   0,11%  con   respecto     ao   mes   anterior.    Na comparativa     interanual  obsérvase   un  aumento    do  2,24%.  En   España  estas  taxas  foron   do 0,20%  con  respecto   a   novembro   de  2024  e  do  2,64%  en  relación   ao  mes  de  decembro   de 2023.  Por provincias,   Lugo  é  a  que  presenta   unha  porcentaxe   menor  de afiliacións   ao réxime xeral  (74,27%).

Nas afiliacións    ao réxime  especial  de autónomos,    Lugo  (-2,04%)   e  Ourense  (-1,37%)  amasan unha  taxa   de  variación    interanual   negativa,   mentres    que  Pontevedra    (0,14%)  e  A  Coruña (0,08%)  presentan   unha taxa  de variación   interanual  positiva.  A media  da comunidade   galega sitúase   entón   no  -0,38%.   Para  este  réxime   e  con  respecto   ao  mes  de  novembro   de  2024, baixan  as afiliacións   en Lugo (-0,31%), A Coruña  (-0,07%)  e Pontevedra   (-0,02%),  mentres   que soben  en Ourense  (0,06%);  resultando    para o conxunto   de Galicia  unha taxa  intermensual  do -0,08%.   As taxas   nacionais   para  este  réxime   presentan    unha  subida  interanual  do  1,27% e unha subida  intermensual  do 0,03%.

No que  respecta   ao  réxime   especial   do  mar,  con  respecto   a  decembro   de  2023,  baixan  as afiliacións    en  Pontevedra   (-5,28%),  Lugo  (-4,61%)  e  A Coruña  (-0,65%).  A taxa  galega  acacia entón   o -3,98%,  inferior   á  de España (-0,98%).   Con respecto   a  novembro   de 2024,  A Coruña (-3,39%),  Lugo (-2,71%) e Pontevedra   (-2,05%)  presentan   unha taxa  de variación   intermensual negativa.  A taxa  galega  amasa  unha  diminución   do 2,48%  con respecto   a  novembro   de 2024. A taxa  nacional  é do -2,82%.