martes, 11 de febrero de 2025

Lorenzana destaca que as exportacións galegas a Francia representan case o 20 % do total das vendas ao exterior

Asisto onte pola tarde en Madrid a un Encontro entre a Comunidade franco-española e a súa relación coa Universidade -foro organizado pola Universidade Politécnica de Madrid e Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (AEGAMA).

Nela falou a cnselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, que sinaloi que Francia é un investidor chave e un socio estratéxico co que Galicia comparte unha relación comercial sólida e “mostra disto é que as exportacións ao país galo acadaron preto de 5.300 millóns de euros”, dixo. Na súa intervención, a conselleira puxo en valor que Galicia é un territorio atractivo para o investimento estranxeiro porque “ofrecemos estabilidade, certezas e un entorno favorable para o desenvolvemento empresarial”, subliñou.

Neste sentido, sinalou que o Goberno galego aposta por unha economía aberta e competitiva que exporta calidade, innovación, talento e valor engadido. Segundo explicou, Francia é un aliado fundamental na vocación internacional que ten a economía galega, unha relación que se sustenta en sectores estratéxicos que “definen o noso modelo industrial e produtivo” apuntou.  

Así, fixo alusión á automoción que “é o motor das nosas exportacións”, con máis de 2.000 millóns de euros vendidos a Francia o ano pasado; e aos sectores téxtil ou agroalimentario, “que reforzan aínda máis a nosa presenza no país galo”, sinalou.

E dixo que hoxe que as exportacións galegas a Francia representaron no ano 2023 case o 20 % do total das vendas ao exterior.

Así mesmo, explicou que a prioridade da Xunta é fortalecer os lazos con Francia e seguir potenciando as relacións pois “cremos na cooperación e na competividade”, subliñou.

Tamén interveu neste acto o Senador francés Ronan Le Gleut, del grupo político "Les Republicains" responsable da relación cos expatriados franceses polo mundo, moitos deles directivos de grandes empresas francesas, varias delas estiveron presentes neste acto. 


Con en Senador francés Ronan Le Gleut