Antes de tomar o primeiro tren AVE para Madrid, visito a recentemente inaugurada Oficina Termal AVE na estación intermodal de Ourense, promovida pola Deputación de Ourense grazas a un acordo acadado pola institución provincial (a tráves da Área de Benestar) con ADIF a finais do pasado ano 2024.
Ten un carácter fundamentalmente dixital e conta cun horario de apertura idéntico á propia estación, de 6:30 a 23:30, 17 horas diarias.
Esta oficina experimental arrinca cunha formulación inicial de permanecer aberta durante 18 meses, período no que se realizarán varias avaliacións intermedias para analizar se a Oficina cumpre os seus obxectivos.
Agardo que así sexa.