jueves, 6 de febrero de 2025

O PPdeG denuncia que Pedro Sánchez bloqueou 33 veces a transferencia da AP-9 a Galicia desde a súa chegada á Moncloa

 


O Partido Popular de Galicia denuncia que desde a chegada de Pedro Sánchez ao Goberno de España a tramitación da transferencia da AP-9 foi bloqueada máis dunha trintena de veces –concretamente 33–. Só no que vai da presente Lexislatura a Mesa do Congreso dos Deputados xa aprobou 18 prórrogas do seu debate parlamentario.

Así o puxo de manifesto esta mañá a secretaria xeral Paula Prado nunha rolda de prensa na que se fixo eco do novo aprazamento acordado por PSOE e Sumar esta semana na Cámara Baixa e co que “as prioridades quedan claras” no que se refire aos intereses do Goberno. “Admitir a enésima chantaxe do independentismo a través da cuestión de confianza, si; pero cumprir o acordo unánime do Parlamento galego e atender as demandas de Galicia, non”, concluíu neste sentido.

“O compromiso de Sánchez coa AP-9 é o mesmo que o dun Besteiro que na campaña das autonómicas se presentou ante os galegos prometendo a gratuidade das peaxes e a transferencia desta autoestrada e, agora, na campaña interna do seu partido, se presenta co aval das peaxes máis caras da historia e renunciando a esa transferencia”, engadiu a número dous dos populares galegos.

Continuou apuntando ao BNG pola súa “conivencia” ante os “agravios do Goberno central con Galicia”. 

Acusou así aos independentistas galegos de “seguir dando osíxeno a Sánchez a pesar do seu reiterado incumprimento do pacto de investidura”. Un pacto polo que, recordou, “lle deron as chaves da Moncloa a cambio dunha transferencia da AP-9 que nin está nin se lle espera”.