martes, 25 de febrero de 2025

O PPdeG denuncia o “agravio comparativo” que supón que o Congreso debata todas as solicitudes dos socios de Sánchez mentres a transferencia da AP-9 a Galicia acumula xa 36 adiamentos


Hoxe o PP de G difundiu unha nota de prensa para dar a coñecer o feito de que a Mesa do Congreso acordase a prórroga viséximo primeira do prazo de presentación de emendas a PLO de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 a Galicia.

Os deputados do PPdeG no Congreso denuncian o “agravio comparativo” que supón o feito de que a Cámara Baixa admita a trámite todas as iniciativas que rexistran os socios de Pedro Sánchez mentres, ao mesmo tempo, siga bloqueando o debate sobre a transferencia da AP-9 a Galicia.

Fano logo de que hoxe mesmo a Mesa do Congreso dos Deputados, dominada polo PSOE e Sumar, acordase a 36ª prórroga no prazo de presentación de emendas á proposición de lei orgánica relativa a esta cuestión desde que Pedro Sánchez asumise a Presidencia do Goberno de España.

“É absolutamente inexplicable e inxustificable que non se faga caso a esta demanda aprobada pola unanimidade do Parlamento de Galicia e siga bloqueándose a súa tramitación parlamentaria”, denuncia o deputado galego e vicepresidente segundo da Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible do Congreso, Celso Delgado.

O parlamentario popular pon o foco en que, mentres o Goberno de Sánchez segue afondando na súa aldraxe a Galicia, o Congreso si debate iniciativas a petición do resto de grupos e especialmente aquelas relativas derivadas dos partidos separatistas e do resto de socios de Pedro Sánchez.

“Non nos explicamos como o BNG pode seguir apoiando ao Goberno de Sánchez e subscribindo moitas destas iniciativas cando é a costa de seguir maltratando a Galicia”, lamentan desde o PPdeG.”


https://www.diariodesantiago.es/lo-ultimo/el-bloqueo-la-ley-de-la-ap-9-y-desoye-la-voluntad-gallega/

https://www.diariodesantiago.es/galicia/o-ppdeg-denuncia-o-bloqueo-da-transferencia-da-ap-9-e-acusa-ao-goberno-de-agravio-comparativo/