martes, 18 de febrero de 2025

O PPdeG denuncia que as prórrogas á tramitación da transferencia da AP-9 no Congreso alcanzan xa 20 só no que vai desta lexislatura e 35 en total

Hoxe os deputados do PPdeG no Congreso denunciamos que as prórrogas á tramitación da proposición de lei para a transferencia da AP-9 alcanzan xa as 20 só no que vai desta lexislatura e ascenden ata as 35 desde a chegada de Pedro Sánchez á Presidencia do Goberno de España.

Na nota de prensa difundida polo PPdeG dicimos: "Fano logo de que hoxe mesmo a Mesa do Congreso dos Deputados, dominada polo PSOE e Sumar, acordase a 20ª prórroga no prazo de presentación de emendas a esta proposta a pesar de que no seu día se acordou que se tramitaría polo procedemento de urxencia.

“Unha vez máis acredítase o boicot do Goberno de Sánchez, coa conivencia do PSOE galego, impedindo que unha iniciativa avalada pola unanimidade do Parlamento de Galicia poida pasar a Comisión para ser debatida na ponencia”, sostén o deputado galego e vicepresidente segundo da Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible do Congreso, Celso Delgado. Ademais, engade non entender “como o BNG apoia constantemente a este Goberno".

Denuncia tamén que, mentres isto ocorre nesta e noutras cuestión de vital importancia para Galicia, outras comunidades autónomas, en cambio, están a recibir un trato diferenciado e moito máis beneficioso por parte do Goberno de España.

Pon o exemplo de que hai poucos días o Goberno acordou prorrogar un ano máis a gratuidade da AP-7 en Alicante e traballa para levantar definitivamente a peaxe de dita autopista. En cambio, nunha situación análoga, négase a liberar de peaxe o tramo Vigo-O Porriño da AP-9."


Vídeo emitido no telexornal da TVG do día 18 de febreiro