O pasado 28 de novembro de 2024 os deputados lucenses Francisco Conde, Jaime de Olano e Cristina Abades e o deputado ourensán Celso Delgado, pertencentes ao Grupo Parlamentario Popular no Congreso rexistramos tres preguntas dirixidas ao Goberno:
¿Procederá ADIF a facilitar o acceso peonil dos veciños de San Estevo do Sil que viron como se suprimiu o paso habilitado para cruzar as vías que estaba autorizado e sinalizado na estación, e aos que non se proporcionou unha alternativa para chegar ás súas casas e propiedades?
¿Cal é a causa do trato discriminatorio que ADIF dispensou aos veciños de San Estevo de Sil, ao non construír á altura da estación un paso peonil inferior baixo as vías da liña 810, cando se o acaba de construír na veciña estación de Canabal?
¿É consciente ADIF do perigo que supón para os veciños de San Estevo do Sil o peche metálico que se pretende construír pois bloquearía a “saída de evacuación” dos residentes, habitantes, visitantes e usuarios do ferrocarril - por localizarse esta aldea, en “zona inundable”, ao atoparse nunha cota de nivel máis baixa e cunha proximidade á presa?”
A resposta gubernametal chegou o 19 de febreriro de 2025 e literalmente foi a seguinte:
"As actuacións que levan a cabo en Santo Estevo de Sil están contempladas no proxecto de tratamento de plataformas e cruces entre plataformas nas estacións do tramo Ourense-Monforte de Lemos (liña 810), que ten por obxecto definir todas as actuacións necesarias en plataformas, pasos inferiores e infraestruturas en xeral, entre as que se atopa a de adecuar os apeadeiros e estacións aos requirimentos de interoperabilidade así como á Recomendación Técnica RT 7/2018 da Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria (AESF) sobre cruces de vías entre plataformas para viaxeiros.
Cabe sinalar que, con anterioridade ás obras de renovación da liña Monforte-Ourense, non existía ningún paso a nivel na contorna da estación, só un cruzamento entre plataformas que permitía aos viaxeiros acceder á plataforma central existente.
Coa actuación de renovación integral do tramo Monforte-Ourense estableceuse un novo esquema de vías no que se elimina a plataforma central e constrúese un novo accesible directamente desde o vial existente no lado dereito da estación.
Así mesmo, cabe mencionar que o cerramento que se pretende construír realízase a conforme ao establecido no proxecto construtivo obras de execución do proxecto de tratamento de plataformas e cruces entre plataformas nas estacións do tramo Ourense-Monforte de Lemos (liña 810). Coa actuación realizada na contorna da estación, non se variou o acceso ás vivendas nin aos viñedos existentes na marxe esquerda da liña".
Valoración
Diante desta resposta, fixemos esta nota valorativa que distribuirá o PP de Lugo:
"Tanto os deputados do PP
lucense como o deputado ourensán trasladamos a nosa “indignación” ante a resposta do Goberno de Sánchez ás nosas preguntas sobre a situación de illamento dos veciños e veciñas do núcleo
de Santo Estevo do Sil, en Pantón, debido ao peche da liña Ourense-Monforte a
ambas marxes da vía do tren. “Non se pode admitir que digan que coa actuación
non se varían os accesos ás vivendas e viñas existentes na marxe esquerda”,
subliñou o deputado Francisco Conde.
O Goberno de Sánchez
limítase a dar explicacións técnicas do proxecto para o tratamento de andéns e
cruzamentos nas estacións do tramo Ourense – Monforte e asegura que con
anterioridade ás obras de renovación da liña non existía ningún paso a nivel,
senón un cruce entre andéns para os viaxeiros.
“Esta resposta evidencia
que o Goberno de Sánchez non ten interese ningún en atender as necesidades dos
veciños e veciñas de Pantón, unha postura que adopta en relación a todos os
lucenses en xeral”, manifestou Conde. “Ademais da falta de sensibilidade coa
situación dos veciños de Santo Estevo do Sil, o Goberno demostra un total
desinterese pola seguridade da vía: tampouco responde sobre as medidas a
adoptar para garantir a seguridade dos usuarios da liña ferroviaria; xa que o
peche metálico bloquea a única saída en caso de incendio ou inundación por
estar este núcleo nunha zona inundable”.

Os deputados populares
por Lugo e eu mesmo, en interesámonos por coñecer de
primeira man a situación dos veciños deste núcleo atendendo á chamada do
alcalde de Pantón e esiximos dende o Congreso que o Goberno de Sánchez aclarase
as medidas previstas por ADIF para facilitar un acceso peonil aos veciños de San
Estevo do Sil, en Pantón, que previamente dispoñían dun paso autorizado e
sinalizado para cruzar as vías na estación e que, tras as obras, quedaron sen
ningunha outra alternativa.
Lembramos que “a única alternativa para poder chegar a esas vivendas é dar
un gran rodeo por un camiño privado cunha escarpada pendente, na ladeira da
montaña, e despois usar unhas escaleiras, o que se converte en inviable para
persoas maiores e con mobilidade reducida”.
Condenamos novamente este “trato discriminatorio”, toda vez que as obras nesta liña
ferroviaria incluíron actuacións en plataformas, pasos inferiores e outras
estruturas en estacións e apeadoiros. Por exemplo, na estación de Canabal, en
Sober, habilitouse un paso peonil inferior como alternativa ao paso sobre a vía
que existía con anterioridade.
Seguiremos insistindo con
novas iniciativas parlamentarias para conseguir que Adif rectifique e non
discrimine aos veciños de Santo Estevo do Sil que merecen o máximo respeto e
consideración."
 |
Novembro de 2024 |