viernes, 21 de marzo de 2025

El Tribunal Supremo se pronuncia sobre los recursos planteados contra el acuerdo que autorizaba el parque eólico de Campelo,entre Coristanco e Santa Comba

 


El Poder Judicial a través de un comunicado da cuenta hoy de que “la Sección Quinta de la Sala Tercera del Tribunal Supremo ha deliberado conjuntamente los recursos interpuestos contra la sentencia del TSJ de Galicia que anuló el acuerdo que autorizaba el parque eólico de Campelo, resolviendo del siguiente modo:

Con respecto a la primera cuestión de interés casacional, esta Sala del Tribunal Supremo ha establecido la doctrina siguiente:

El hecho de que dos o más instalaciones de parques eólicos compartan instalaciones de conexión no comporta, ineludiblemente, que debamos considerar la existencia de un único proyecto de parque eólico a efectos de su evaluación medioambiental, sino que habrá que examinar en cada caso las circunstancias concurrentes, a la luz de la normativa y de la jurisprudencia aplicables.

Con respecto a las otras dos cuestiones de interés casacional suscitadas, la Sala ha decidido confirmar la doctrina que ya había establecido en sus SSTS nº 1.768/2023 y 118/2024.

La sentencia del Tribunal Superior de Galicia, impugnada en casación, se aparta de la doctrina jurisprudencial referida y no es ajustada a Derecho, por lo que se revoca.

Por tanto, se confirma la legalidad del acuerdo administrativo que autorizó el parque eólico de Campelo."

Valoración

Comparo o criterio expresado hoxe pola Xunta de Galicia que “acolle con satisfacción a sentenza cuxo contido foi avanzado hoxe polo Tribunal Supremo sobre a correcta tramitación do parque eólico de Campelo, entre Coristanco e Santa Comba, pois resolve que o Executivo galego realizou unha tramitación ambiental conforme a dereito para a súa autorización. Esta resolución xudicial -que dá resposta aos recursos interpostos contra a sentenza previa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anulou o acordo polo que se autorizaba o parque- abre a porta a levantar a paralización doutros 64 parques eólicos decretada polo TSXG en resposta a 120 recursos.

A resolución xudicial do Alto tribunal entra no fondo da cuestión e rexeita que a Xunta realizase fraccionamento na tramitación dese parque eólico e que o feito de que comparta conexións con outro parque non significa que a tramitación de ambos se teña que facer de xeito conxunto. Desta forma, avala a avaliación ambiental individual e independente realizada polo Executivo galego dos distintos parques pola vía ordinaria -a máis exhaustiva e que ofrece máis garantías- ao considerar, como fixo a Administración autonómica, que os parques son independentes malia que compartan conexións.

Esta sentenza engádese a outras emitidas polo Tribunal Supremo a finais de 2023 e comezos de 2024 sobre o parque eólico Corme, no Concello de Ponteceso, nas que xa avalaba o procedemento de información pública realizado pola Xunta ao abeiro da tramitación ambiental dos proxectos eólicos.

O Goberno autonómico celebra que esta sentenza do Alto tribunal sobre o parque de Campelo lle volva dar a razón e bote luz ao sentar doutrina sobre o resto de parques paralizados, unha cuestión vital para poñer fin ao bloqueo eólico existente na comunidade autónoma.

A Xunta ten claro que debe apostar polas enerxías renovables para avanzar na descarbonización da economía e nese obxectivo a eólica é un piar fundamental. De feito, coincide con Europa na declaración do interese público superior dos parques eólicos para avanzar cara a descarbonización e a neutralidade climática así como para evitar a perda de biodiversidade.