lunes, 7 de abril de 2025

O PPdeG demanda no Parlamento de Galicia ao Goberno de España que impulse dunha vez a execución da autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada

 


Celebro moito o anuncio que os deputados do Grupo Popular Miguel Viso e Cristina Campero anunciaron o pasado sábado, da presentación no Parlamento de Galicia dunha iniciativa a través da que se demanda ao Goberno de España que impulse dunha vez a execución da autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada, por tratarse dunha infraestrutura estratéxica para acceder á Meseta desde o interior da Comunidade galega, vertebrando as comarcas de Valdeorras, Quiroga e Lemos das provincias de Lugo e Ourense.

Nun encontro celebrado a paasa semana  coa  presidenta do PP no Barco de Valdeorras, Inmaculada Rodríguez, e veciños desta localidade ourensá, os deputados autonómicos populares lamentaron “o bloqueo ao que o Goberno de Pedro Sánchez está a someter a esta autovía clave para acceder á Meseta desde o interior de Galicia, unha situación que conta coa complicidade do BNG ao aceptar o incumprimento do pacto que asinaron cos socialistas para colocar a Pedro Sánchez na Moncloa”.

NIN PLANIFICACIÓN NIN ORZAMENTOS

“O Goberno central nin avanza na planificación dos tramos necesarios para impulsar a A-76 nin habilita os investimentos correspondentes”, criticaron os deputados populares, quen apuntaron a negativa do Ministerio de Transportes a facilitar información algunha sobre o estado da tramitación desta autovía e as previsións reais para a súa execución.

Miguel Viso e Cristina Campero lembraron que esta autovía foi considerada como prioritaria pola patronal das empresas construtoras (Seopan) nun informe sobre as actuacións a acometer polo Estado no horizonte 2024-2035.

A esta demanda sumouse o recente informe realizado polo Eixo Atlántico sobre infraestruturas viarias e ferroviarias da Eurorrexión, no que se pon de manifesto que, “vinte anos despois da inclusión da A-76 no Plan Estratéxico de Infraestruturas do Transporte 2005-2020, non se ten materializado nin un só quilómetro desta autovía, que é reiteradamente reivindicada non só como conexión de Galicia coa Meseta norte, senón tamén como medio para acadar unha mellor comunicación de Valdeorras coa súa capital de provincia e o resto de Galicia”.

https://ppdegalicia.com/es/o-ppdeg-demanda-ao-goberno-de-espana-que-impulse-dunha-vez-a-execucion-da-autovia-a-76-entre-ourense-e-ponferrada/