miércoles, 2 de abril de 2025

Segué o indignante boicot a Galicia: PSOE e Sumar acordaron a 26 prórroga do prazo de presentación emendas a PLO de transferencia da AP-9 a Galicia


Hoxe temos que volver a denunciar o boicot do Goberno á tramitación parlamentaria da PLO de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 a Galicia.

A Mesa do Congreso dominada por PSOE e Sumar acordou a prórroga 26 desta lexislatura, que é a número 41 desde a chegada á Moncloa de Sánchez.

É indignante este boicot por parte dunha Mesa totalmente servil que non permite nin sequera que esta proposición poida pasar a Comisión para debatela e que os grupos poidan facer as súas aportacións.

Insistimos en que o Goberno de Sánchez está a exercer un “autoritarismo” inadmisible sobre a institución na que reside o poder lexislativo. Ao que habería que engadir o seu “desprezo” cara o Parlamento galego na medida en que é desta cámara da que procede a demanda de transferencia da AP-9.