Fronte á vontade de cooperación da Xunta, José González lamentou a actitude do alcalde de Ourense, que agora desafía aos praceiros con “cuestións absolutamente incompatibles” co convenio asinado en 2018 -no que acordaban regresar ao mercado coas mesmas condicións funcionais que no contrato concesional do 2000-.
González lembrou que hoxe a Praza está inacabada, e que necesita obras que deben ser sufragadas, por contrato, polo Concello.
Remarcou ademáis que o Goberno galego leva xa preto dun ano mediando para facilitar a recuperación de mercado e Alameda canto antes, “pero sempre nas mellores condicións de funcionalidade e accesibilidade”.
Por último, recordou que despois de que o alcalde rompese o protocolo de colaboración asinado o pasado novembro, “aumentamos ata o 60% a nosa achega ás obras e propuxemos licitala, para reducir os prazos. Todo isto foi o que rexeita agora Jácome, que parece querer levar este proxecto á parálise total, pese á man tendida da Xunta”.